Estás en:Emprego
A Corporación comprometeuse a revisar a primeiros de ano a valoración do complemento específico para, entre outras cousas, realizar un axuste sobre os postos que no melloran o complemento de destino

RPT 2023 co novo Complemento de Destino

Aprobada en mesa xeral, só co voto faborable de CCOO, a relación de postos de traballo que incorpora o novo complemento de destino que supón o incremento dun nivel para a grande maioría dos postos.

RPT 2023 co novo Complemento de Destino

No día de hoxe, venres 31 de novembro de 2022, desenvolveuse xuntanza da Mesa Xeral de Negociación onde, ademais da Relación de Postos de Traballo (RPT), aprobáronse as partidas orzamentarias relacionadas co persoal que se incrementan segundo o pactado co goberno central e as bases xerais e específicas de establización para o profesorado. Dende CCOO volvemos a demandar unha vez máis a implantación do teletraballo.

Aprobada en mesa xeral, só co voto favorable de CCOO, a relación de postos de traballo que incorpora o novo complemento de destino que supón o incremento dun nivel para a grande maioría dos postos. O mesmo punto incorporaba tamén a aprobación do organigrama e o cadro de persoal. Ademais da modificación do complemento de destino (CD), incorpora a creación de novos postos de traballo coa súa conseguinte praza: un cociñeiro/a no FIER; un cociñeiro/a e un camareiro/a en Mariñán; dous técnicos/as de xestión no Servizo de Fiscalización; un educador/a no Centro de día de menores en Ferrol e unha xefatura de sección e un técnico superior en informática no Servizo de Informática. Por outra banda transfórmanse: un oficial de imprenta en oficial de imprenta deseñador; un analista programador en subalterno telefonista no Rosalía Mera; un administrativo/a en Xefatura de Negociado da Rede Cultural; un administrativo/a en Xefatura de Negociado en Tesourería; un técnico/a de xestión en xefatura de departamento no Servizo de Xestión Tributaria; tres auxiliar educador/a en educador/a infantil no Fogar Infantil Emilio Romay, con efectos á data de xubilación das ocupantes actuais (outubro e novembro de 2023); un auxiliar educador/a en titor/a no Centro de día de menores en Ferrol, con efectos en marzo de 2023, data de xubilación da actual titular; un auxiliar educador/a en educador/a no Centro de día de menores en Ferrol, con efectos en maio de 2023, data de xubilación da actual titular; dous operario de servizos I en operario de servizos coordinador no Servizo de Arquitectura mantendo as súas retribucións. Tamén se ampliou de media xornada a xornada completa o posto de psicólogo/a.

A Corporación comprometeuse a revisar a primeiros de ano a valoración do complemento específico para, entre outras cousas, realizar un axuste sobre os postos que non melloran o complemento de destino. Un compromiso que conseguimos xunto coa CIG, porque a valoración do CD que se aprobou hoxe na mesa de negociación nos mesmos termos que se aprobou hai uns días na comisión, ao igual que a valoración do complemento específico no seu día, foi promovida activamente por CCOO con moito traballo, diálogo, esforzo e dedicación, pero, obviamente, o resultado final non cumpre todas as nosas expectativas aínda que supoñan importantes logros.

Grazas ao apoio de CCOO, os resultados da valoración do Complemento de Destino e resto de modificacións da RPT veranse reflectidas o 1 de xaneiro, sempre que o pleno da Deputación dea o visto e prace.

Visítanos en   Chámanos ao 981 415 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X