Estás en:Emprego
Lamentablemente a valoración da Corporación non recolle a mellora dalgún posto como si establecía a proposta de CCOO, pero foi o máximo que puidemos conseguir

O Pleno aproba a RPT 2023 co novo Complemento de Destino

CCOO xa está traballar para que sexa unha realidade o compromiso da Corporación de revisar a primeiros de ano a valoración do Complemento Específico para, entre outras cousas, realizar un axuste sobre os postos que no melloran o Complemento de Destino

O Pleno aproba a RPT 2023 co novo Complemento de Destino

O pasado venres 31 de outubro a Mesa Xeral de Negociación aprobou co único apoio de CCOO a Relación de Postos de Traballo (RPT) que incorpora a Valoración do Complemento de Destino (CD).

Grazas ao esforzo de CCOO a maioría do persoal gozará dun novo incremento salarial a partir do 1 de xaneiro. Logo de catro anos de traballo e diálogo, por fin acadamos este novo éxito negociador. A Corporación asumiu en gran medida a proposta de valoración do CD presentada por CCOO na Comisión de Valoración que consistía nunha valoración sistemática, global, obxectiva, realista, tecnicamente acreditada e coherente coa valoración do Complemento Específico, que como resultado supoñía o incremento de ao menos un nivel para todos os postos que non se atopaban no máximo e incluso máis para os postos con niveis baixos ou os que se atopaban desaxustados con outros postos similares. Lamentablemente a valoración da Corporación non recolle a mellora dalgún posto como si establecía a proposta de CCOO, pero foi o máximo que puidemos conseguir. Neste sentido, cabe subliñar que foi unha magoa que non saíse adiante a valoración presentada no 2018 por CCOO e que contaba coa opinión favorable da Corporación, como o amosa o feito da similitude co resultado final que se ven de aprobar. O que supuxo a imposibilidade de que o persoal se beneficiarse deste incremento salarial durante catro anos.

O Pleno aprobou inicialmente a RPT para o 2023 que incorpora o novo Complemento de Destino que supón o incremento dun nivel para a grande maioría dos postos. O dito pleno desenvolveuse o pasado 25 de novembro de 2022 e aprobou a modificación da RPT nos mesmos termos que no seu día foi aprobada en mesa de negociación.

CCOO xa está traballar para que sexa unha realidade o compromiso da Corporación de revisar a primeiros de ano a valoración do Complemento Específico para, entre outras cousas, realizar un axuste sobre os postos que no melloran o Complemento de Destino. Trátase dun compromiso adquirido pola Corporación que quedou recollido na acta da mesa de negociación onde se aprobou a modificación da RPT 2023. A valoración do CD, ao igual que a valoración do Complemento Específico no seu día, foi promovida activamente por CCOO con moito traballo, diálogo, esforzo e dedicación, pero, aínda que supoña un importante logro, non cumpre todas as nosas expectativas. Por tal motivo, instamos á Corporación a facer, na maior brevidade de tempo, os axustes necesarios na valoración do Complemento Específico para que ningún colectivo se quede atrás.

Por outra banda, queremos agradecer á Corporación que atendese a solicitude de CCOO en mesa xeral para incluír na nómina de novembro o atrasos derivados da revisión salarial correspondente ao ano 2022 acordada por UGT e CCOO co goberno central.

Visítanos en   Chámanos ao 981 415 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X