RPT 2024 e Carreira Profesional
A RPT 2024 incorpora 7 novos postos de traballo, dos que 5 son xefaturas que permiten ampliar as posibilidades de carreira vertical do persoal. Este motivo, xunto coa nosa intención de dar un voto de confianza ao novo Deputado de persoal, fixo que CCOO votase a favor a pesar de que a RPT incorpora algunha cousa que non é do noso agrado
Ás 13:00 h. do pasado martes, 31 de outubro de 2023, celebrouse Mesa Xeral de Negociación para abordar a modificación da relación de postos de traballo (RPT) que vai unida aos orzamentos de 2024, así como as partidas relacionadas co persoal.
Como ven sendo habitual dende hai dous anos, no punto de rogos e preguntas, CCOO solicitou, unha vez máis, a implantación inmediata do teletraballo, unha medida comprometida na metade do anterior mandato pero que, desgraciadamente, segue sen ser unha realidade para o persoal da Deputación.
A RPT 2024 incorpora 7 novos postos de traballo, dos que 5 son xefaturas que permiten ampliar as posibilidades de carreira vertical do persoal. Este motivo, xunto coa nosa intención de dar un voto de confianza ao novo deputado de persoal, fixo que CCOO votase a favor a pesar de que a RPT incorpora algunha cousa que non é do noso agrado. Tamén votou a favor UGT, mentres CSIF se abstivo e CIG votou en contra. Durante o desenvolvemento da mesa solicitamos en diversas ocasións a implantación do complemento de carreira profesional.
Estas son as creacións que incorpora a RPT
- Posto de xefatura de sección (A1/A2) en Arquitectura e Mantemento
- Posto de xefatura de sección (A1/A2) en Asistencia técnica a Concellos
- Posto de xefatura de sección (A1/A2) en Deportes
- Posto de xefatura territorial de zona (C1/B) para a nova Zona 5
- Posto de oficial maior de zona para a nova Zona 5
- Praza e posto de técnico/a de administración xeral (A1) en Patrimonio e Contratación
- Praza e posto de técnico/a de servizos sociais (A2) no Fogar Infantil Emilio Romay
Estes son as transformacións
- Deixar sen efecto a transformación dun auxiliar educador/a no Fogar Infantil
- Transformar un auxiliar educador/a en educador/a (A2) no Centro de Día de Ferrol
- Técnico de xestión en xefatura de departamento (A1/A2/B) en Protocolo
- Costureiro/a en operario de Servizos Varios (AP) en IES Rosalía Mera
- 3 profesor/a técnico/a en profesor secundaria (A1) no IES Rosalía Mera, así como aplicar o incremento do complemento específico compensador a doce postos de profesores técnicos de FP para extinguir, ao non integrarse no corpo de profesores de ensino secundario. En concordancia coa nova lei e tal como a está a desenvolver a Xunta de Galicia.
A Corporación incrementa a partida para establecer o complemento de carreira profesional de 103.000 € a 525.425 €. Cuestión que ao noso entender amosa o compromiso da Corporación con esta demanda sindical pendente do anterior mandato que beneficia a todos e todas. Evidentemente a cantidade non é suficiente para abordar o dito complemento na súa totalidade, mais que se achegase a partida de complemento de destino á de carreira profesional supón unha clara mostra das intencións de implantar o complemento de carreira por parte da Corporación. Neste punto todas as centrais sindicais votaron a favor, excepto CIG que votou en contra.