Modificación de RPT e Carreira Profesional
Hoxe, 10 de maio de 2024, celebrouse mesa xeral de negociación na que a Corporación levou a modificación da Relación de Postos de Traballo (RPT).
Se incrementa a 24 o nivel dos postos A1 en cumprimento coa normativa vixente. Dende o 21 de decembro de 2023 o Real decreto 6/2023 establece o 24 como nivel mínimo para os postos A1, así pois, existe unha obriga legal de actualizar o nivel a 24 na Deputación dos postos A1 e das xefaturas de departamento xa que os postos de xefatura de departamento están abertos a A1 e polo tanto non poden ter un nivel inferior ao mínimo que lle corresponde ao A1.
CCOO cambia o seu voto negativo a unha abstención, na procura de pechar rápido o acordo que permita implantar a Carreira Profesional Horizontal neste ano para que o persoal o poida ver reflectido nas nóminas dos vindeiros meses. A modificación da RPT, ademais do incremento de nivel citado anteriormente, consiste en abrir a outras administracións a xefatura de Servizo de Promoción Económica, Turismo e Emprego, a xefatura de Servizo de Acción Social, Cultura e Deportes. Asemade modifícase a forma de provisión a libre designación da xefatura de Servizo de Patrimonio e Contratación.
CCOO está en contra da apertura de xefaturas a outras administracións, xa que supón unha redución das posibilidades de promoción do persoal da Deputación. Tampouco apoiamos as libres designacións, mais decidimos dar un voto de confianza á Corporación dado o compromiso amosado polo deputado de Persoal de cara ao desenvolvemento da carreira profesional, indicando na propia mesa que moitos concellos están a esperar á implantación da carreira profesional na Deputación para desenvolvelos localmente. Por outra banda o deputado subliñou que esta modificación de xefaturas de servizo é algo puntual e moi concreto debido á situación estratéxica deses postos pero que en absoluto vai ser a práctica xeral do goberno provincial que tamén aposta pola promoción do persoal.
En rogos e preguntas, CC.OO. volveu insistir na urxente necesidade de implantar a Carreira Profesional Horizontal e o Teletraballo.
En días pasados constituíuse tanto a comisión de Igualdade coma a mesa de Formación na que xa se aprobou o Plan de formación para este ano. Por parte de CC.OO. participan na Comisión de Igualdade Eugenia Varela e César Santiso, onde esperamos acadar importantes medidas de conciliación da vida persoal, familiar e laboral, Na mesa de Formación participan por CCOO Eugenia Varela e Álvaro Trillo.