Estás en:Emprego Novas

A Deputación apoia con máis de medio millón de euros a 130 entidades para fomentar a actividade física e o deporte na provincia

O deputado de Deportes, Antonio Leira, destaca que "unha parte importante dos programas de actividades que apoia a Deputación están dirixidos a escolares, porque sabemos da importancia de fomentar o deporte dende a base"

Entre os beneficiarios destas axudas figuran ANPAS, asociacións deportivas e culturais, asociacións de veciños, xuvenís ou de persoas maiores, que programan actividades deportivas para todas as idades.

A Deputación apoia con máis de medio millón de euros a 130 entidades para fomentar a actividade física e o deporte na provincia

Deputación da Coruña destina 526.465 euros a apoiar a 130 entidades sen ánimo de lucro da provincia para a realización de actividades de fomento da actividade física e do deporte durante o ano 2024.

Esta liña de axudas, publicada onte no Boletín Oficial da Provincia, busca favorecer o traballo destas entidades no eido da promoción do deporte e os seus valores a través de diferentes programas e proxectos dirixidos a todas as idades centrados na mellora da condición física, na ocupación activa do tempo de lecer, no deporte afeccionado, etc.

O deputado provincial de Deportes, Antonio Leira, explicou que "unha parte importante dos programas de actividades que apoia a Deputación están dirixidos a escolares, porque sabemos da importancia de fomentar o deporte dende a base".

Entre os beneficiarios destas axudas figuran ANPAS, asociacións deportivas e culturais, asociacións de veciños, xuvenís ou de persoas maiores, que programan actividades deportivas para todas as idades.

As axudas oscilan entre os 1.000 e os 7.200 euros por entidade e destínanse ao fomento de todas as disciplinas deportivas desde fútbol, baloncesto, ciclismo ou atletismo a deportes máis minoritarios como pesca deportiva, waterpolo, patinaxe artística ou xadrez. Algunhas delas están especialmente destinadas á promoción do deporte adaptado entre persoas con diversidade funcional, á recuperación de deportes tradicionais e á programación de actividades deportivas extraescolares por parte das ANPAS de centros escolares.

Listaxe provisional de entidades beneficiarias: https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2024/06/19/2024_0000004333.html

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X