Estás en:Emprego
Onte publicouse no BOP a aprobación inicial polo Pleno provincial do Regulamento, e hoxe a Convocatoria da Carreira Profesional Horizontal impulsada por CCOO e UXT, cuxo prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto do 31 de xullo ao 6 de setemb

Axudámosche a facer a solicitude de carreira coa data óptima

O mecanismo de aboamento acelerado para o persoal de 54 ou máis anos supón unha xusta ferramenta de recoñecemento dos servizos prestados que beneficia a TODO o persoal, tamén ao que está lonxe da idade de xubilación.

Axudámosche a facer a solicitude de carreira coa data óptima

Medio ano de traballo conxunto entre CCOO e UXT, para sacar adiante o Regulamento de Carreira Profesional Horizontal, deu os seus froitos: primeiro aprobouse en mesa de negociación o dito regulamento ao que se adheriu a CIG (non así o CSIF que foi o único sindicato que se descolgou do acordo); despois a Comisión de persoal o ditaminou favorablemente; posteriormente o Pleno provincial o aprobou inicialmente.

Onte publicouse no BOP a aprobación inicial polo Pleno provincial do Regulamento, e hoxe a Convocatoria da Carreira Profesional Horizontal impulsada por CCOO e UXT, cuxo prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto do 31 de xullo ao 6 de setembro. Dito regulamento dá lugar ao pagamento dun novo complemento; o Complemento de Carreira, que supón o maior recoñecemento salarial da Corporación para co seu persoal. Trátase pois dun fito sindical histórico acadado por UXT e CCOO que non sería posible sen a implicación do Goberno Provincial de PSOE e BNG, neste sentido queremos agradecer o compromiso que o goberno bipartito leva demostrando no seus últimos mandatos onde aprobou a Valoración de Postos de Traballo para o Complemento Específico e despois para o Complemento de Destino.

Mañá, a partir de que estea dispoñible o formulario en SUBTEL, enviaremos unha guía básica para explicar a carreira, e como facer a solicitude.

A sección sindical de CCOO desenvolveu unha ferramenta informática baseada na Intelixencia Artificial para calcular a data máis favorable de inicio da Carreira Profesional Horizontal debido a que ao longo das asembleas realizadas para informar sobre a Carreira Horizontal observamos certa dificultade do persoal para calcular a mesma.As persoas interesadas en que os representantes de CC.OO. calculemos a súa data máis favorable de inicio de carreira profesional deben enviar un correo desde a súa conta corporativa a ccoo@dacoruna.gal solicitándoo, poñendo no asunto "Data carreira horizontal", e indicando: a data de antigüidade que figura na súa nómina, a súa data de nacemento, os trienios que figuran na súa nómina e as datas de toma de posesión en caso de cambios de grupo ou subgrupo. Quen descoñeza estas datas debe indicar no correo que permite á Sección Sindical de CCOO tratar de localizalas. A localización farase accedendo aos rexistros administrativos públicos, como o libro de resolucións de presidencia. Os correos atenderanse por orden de chegada. Os datos subministrados polas persoas solicitantes serán tratados polas persoas representantes de CC.OO. unicamente para a realización do cálculo solicitado, non serán almacenados fóra do correo electrónico de solicitude e non serán transferidos a terceiros. Os correos electrónicos de solicitude serán conservados ata o fin do prazo de recurso da resolución administrativa de recoñecemento de grao, momento no que serán eliminados. A persoa solicitante poderá en calquera momento exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición ou limitación ao tratamento mediante correo electrónico a ccoo@dacoruna.gal.

O mecanismo de aboamento acelerado para o persoal de 54 ou máis anos supón unha xusta ferramenta de recoñecemento dos servizos prestados que beneficia a TODO o persoal, tamén ao que está lonxe da idade de xubilación. Basta con estudar o financiamento da Carreira Profesional Horizontal cun mínimo de detemento para observar que non se trata só dun mecanismo de compensación polo pouco tempo que gozará o persoal que está preto da idade de xubilación, senón que tamén é a única solución orzamentaria que posibilita percibir, sen reducións, as porcentaxes básicas establecidos no Regulamento para os seis anos que dura o período extraordinario. Isto é así porque hai que cumprir cos requisitos marcados pola Corporación de non ter que incorporar cada ano aos orzamentos máis do medio millón de euros que xa aparecen actualmente na partida orzamentaria da Carreira (acadada grazas a UXT e CCOO na negociación de finais do 2023). O aboamento acelerado, que se aplicará en función da dispoñibilidade orzamentaria, só poderá alcanzar durante o 2024 a totalidade establecida xa que se dispón da dita partida orzamentaria de medio millón de euros para executar en tan só tres meses. Precisamente a consolidación no 2024 do total desta partida posibilita dispoñer dun millón de euros para TODO o persoal no exercicio 2025.

Visítanos en   Chámanos ao 981 415 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X