Estás en:Emprego Novas

Regueira destaca na presentación de ‘Alfaroleiros’ o potencial da olería como dinamizadora da economía local

Hoxe inaugurouse no parque Luis Seoane de Santa Cruz a trixésima desta feira de artesanía, que conta co apoio da Deputación da Coruña

O vicepresidente, Xosé Regueira, destacou durante a súa intervención a importancia de Alfaroleiros, "unhas das citas máis relevantes para o turismo e para a artesanía da comarca da Coruña e da Reserva da Biosfera"

Regueira destaca na presentación de ‘Alfaroleiros’ o potencial da olería como dinamizadora da economía local

O Parque Luis Seoane de Santa Cruz acolleu hoxe a inauguración da edición número 30 de 'Alfareoleiros', que se desenvolverá dende hoxe ata o próximo 11 de agosto e que conta co apoio da Deputación da Coruña. O vicepresidente Xosé Regueira participou na presentación, onde destacou o potencial da olería e da artesanía para "impulsar o tecido socioeconómico local".

"Estamos ante unha das citas máis relevantes para o turismo e a artesanía da comarca coruñesa e tamén da Reserva da Biosfera, que cumpre 30 anos e está máis que consolidade en toda a Península", apuntou Regueira, "coa que dende a área de turismo da Deputación colaboramos, para contribuír tamén á dinamización do sector da artesanía". "Ademais", engadiu, "Alfaroleiros vai máis aló da artesanía para ofrecer música, cultura e ocio, cunha programación de actividades moi ambiciosa e atractiva para a poboación local e os e as visitantes".

Durante estes catro días, Santa Cruz será o epicentro da olería e da artesanía, cun evento onde tamén teñen cabida outro tipo de actividades como monólogos, cociña en vivo, xogos tradicionais, espectáculos de maxia e concertos como os de Caamaño & Ameixeiras, Monoulious DOP, Bellón Maceiras e Mamá Cabra.

Regueira salientou que "é un orgullo colaborar con iniciativas coma esta, cun impacto tan grande no territorio e que, ademais, celebran a nosa cultura e reivindican a nosa historia a través dunha tradición centenaria como a olería, que sigue sendo quen de xerar riqueza na actualidade".

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X