Estás en:Emprego Novas

Turismo da Deputación presenta unha APP para mellorar o control e a seguridade nas praias da provincia

Actualmente estase a desenvolver unha proba piloto coa empresa Ceus World nas praias de Barrañán (Arteixo), Razo (Carballo), Caión (A Laracha), O Vilar (Ribeira) e Pantín (Valdoviño).

O Náutico de Razo acolleu esta mañá a presentación do proxecto, na que participaron o vicepresidente, Xosé Regueira; o responsable de Ceus World, David Varela, e representantes dos concellos de Carballo, Ribeira, A Laracha e Arteixo

Turismo da Deputación presenta unha APP para mellorar o control e a seguridade nas praias da provincia

O Náutico de Razo acolleu esta mañá a presentación da aplicación tecnolóxica para a mellora da seguridade e a comunicación nas praias da provincia da Coruña: un proxecto piloto que a Deputación está a desenvolver da man da empresa Ceus World, e que se está implantando nas praias de Barrañán (Arteixo), Razo (Carballo), Caión (A Laracha), O Vilar (Ribeira) e Pantín (Valdoviño).

O vicepresidente, Xosé Regueira e o responsable de Ceus World, David Varela, foron os encargados de explicar os detalles do proxecto, nun acto onde tamén participaron representantes dos concellos implicados: de A Laracha, o alcalde, José Manuel; de Carballo, a tenente de alcaldesa, Belén Lendoiro e o concelleiro delegado de medioambiente, praias e protección civil, Miguel Ángel Vales Mallo; de Ribeira, o segundo tenente de alcalde, Francisco Suárez – Puerta Colomer e o concelleiro de sanidade, José Luis Furones e, de Arteixo, a concelleira de turismo, Patricia Amado.

Regueira puxo en valor a utilidade desta aplicación, "tanto para a recollida de datos como para a mellora da seguridade nas nosas praias: dúas cuestións prioritarias para esta administración". Neste sentido, apuntou, "os datos en tempo real tanto sobre os usuarios das praias, como sobre os rescates e incidentes, permitirannos ofrecer unha experiencia máis segura e, ao mesmo tempo, analizar o perfil que nos visita para avanzar en estratexias de planificación turística". O obxectivo: "que a experiencia turística sexa positiva, e que os nosos areais sigan destacando pola súa calidade e seguridade".

Pola súa banda, o CEO de Ceus World, David Varela, destacou a importancia de que "os concellos se involucren nos procesos de salvamento e socorrismo", e sinalou a principal finalidade da APP, que é "reducir os tempos de actuación dos servizos de emerxencia, e poder coñecer de antemán que está sucedendo nas praias, o que é vital para os socorristas". A nivel turístico, explicou que a aplicación servirá para "coñecer a procedencia dos visitantes" e, ademais, para mellorar a experiencia e seguridade "tamén de persoas con discapacidade auditiva ou motora".

Regueira rematou dicindo que "esperamos que esta proba piloto dea resultados positivos e se poida implantar na totalidade dos areais da provincia", e David Varela engadiu que, para iso, "necesitamos o compromiso de empresas e concellos, para actualizar a información e garantir a utilidade da aplicación".

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X