Estás en:Emprego Novas

O vicepresidente visita en Bergondo o obradoiro de San Isidro Bakery, empresa familiar adscrita a ‘A provincia que sabe’

Trátase dunha empresa familiar adscrita á campaña turística e gastronómica 'A Provincia que Sabe', que participou en diferentes eventos como Madrid Fusión da man da Deputación da Coruña

"Ademais de recibir numerosos premios internacionais polo seu excepcional 'panettone', é unha empresa familiar de terceira xeración que crea máis dunha vintena de empregos directos, polo que representa á perfección a esencia da nosa estratexia de turismo gastronómico" apuntou Regueira

O vicepresidente visita en Bergondo o obradoiro de San Isidro Bakery, empresa familiar adscrita a ‘A provincia que sabe’

O obradoiro da pastelería de Bergondo 'San Isidro Bakery' acolleu a visita do vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, e a portavoz do grupo nacionalista, Avia Veira, que puideron coñecer de primeira man o traballo desta empresa familiar que está adscrita á campaña turística e gastronómica 'A provincia que sabe', e que participou en diferentes eventos gastronómicos como Madrid Fusión da man da área de turismo da entidade provincial.

O vicepresidente destacou durante a súa visita a capacidade das pequenas empresas de crear riqueza local e fixar poboación en contornas rurais, como é o caso de San Isidro Bakery, "un dos compromisos desta administración xa que, ademais de promocionar a calidade dos nosos produtos, buscamos tamén fomentar a dinamización socioeconómica do territorio". Neste sentido, "ademais de recibir numerosos premios internacionais polo seu excepcional panettone, San Isidro Bakery é unha empresa familiar de terceira xeración que crea máis dunha vintena de empregos directos, polo que representa á perfección a esencia da nosa estratexia de traballo", matizou Regueira.

"Por iso", engadiu, "apoiamos esta e moitas outras empresas levándoas con nós a diferentes eventos gastronómicos baixo o paraugas de 'A provincia que sabe', co obxectivo de poñer en valor o bo facer dos nosos produtores".

As responsables do establecemento recibiron, así, no seu obradoiro, a Xosé Regueira e Avia Veira, que puideron comprobar o sistema de elaboración da gama de diferentes produtos que alí se elaboran no seu día a día, como diversas variedades de pan, empanadas ou doces como o premiado panettone, a bica, ou a tradicional especialidade "Ruliña", e aseguraron o compromiso da Deputación para continuar a apoiar no posible o traballo que veñen realizando con tanto éxito froito da innovación.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X