Estás en:Emprego Novas

O Concello de Carral recibe 40.000€ da Deputación para a súa Festa do Pan

O vicepresidente, Xosé Regueira, e o alcalde de Carral, Javier Gestal, asinaron o convenio na sede provincial

Este importe cubre o 80% do orzamento presentado, que inclúe contratacións de animación e persoal, alugamentos loxísticos e a promoción e publicidade do evento

O Concello de Carral recibe 40.000€ da Deputación para a súa Festa do Pan

A Deputación da Coruña contribúe á organización da Festa do Pan de Carral cunha achega de 39.998,80 euros, a través dunha subvención nominativa ao Concello de Carral, formalizada no convenio asinado entre o vicepresidente, Xosé Regueira, e o alcalde de Carral, Javier Gestal.

A entidade provincial cofinancia, deste xeito, o 80% do importe total do orzamento presentado pola institución municipal, que inclúe os gastos de contratacións externas, alugamentos, promoción e publicidade derivados da celebración deste ano, que supuxo a XX edición.

O convenio de colaboración entre ambas institucións inclúe os investimentos nas diferentes actividades, así como no persoal, seguridade, alugamentos de escenarios e carpas, equipamentos técnicos, e materiais promocionais e de publicidade. Este evento gastronómico de posta en valor do produto máis emblemático do municipio celebrouse en maio e contou con actuacións musicais, feira medieval, espectáculos, obradoiros infantís de elaboración de pan...

Co apoio a esta iniciativa, a Deputación da Coruña reafirma o seu impulso aos eventos populares que poñen en valor os produtos típicos da provincia. O pan de Carral é un dos atractivos gastronómicos que soe ser habitual nas casetas das diferentes mostras turísticas nos que a entidade provincial está presente a través da súa campaña turística e gastronómica "A provincia que sabe".

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X