Estás en:Emprego

Máis de 18.000 atletas de todas as idades participaron nas Carreiras Populares e no Circuíto de Atletismo en Pista da Deputación da Coruña

A Deputación entregou os premios aos mellores atletas e clubs da tempada, nun acto celebrado esta tarde en ExpoCoruña

Máis de 18.000 atletas de todas as idades participaron nas Carreiras Populares e no Circuíto de Atletismo en Pista da Deputación da Coruña

O deputado de Deportes, Antonio Leira, o vicepresidente da Federación Galega de Atletismo, Eladio Gómez Rosales, e a deputada María del Mar Méndez participaron esta na tarde en ExpoCoruña no acto de entrega dos premios do X Circuíto Provincial de Carreiras Populares e do II Circuíto de Atletismo en Pista, que congregaron durante o ano a máis de 18.000 participantes.

A Deputación e Federación Galega de Atletismo colaboraron na organización das 35 carreiras populares celebradas esta tempada noutros tantos municipios coruñeses e na II edición do Circuíto de Atletismo en Pista, dirixido a atletas menores de 14 anos, que se celebrou a finais de 2024 nas cidades da Coruña, Santiago e Ferrol.

Leira felicitou aos máis de 150 gañadoras e gañadores nas distintas categorías e agradeceu a gran participación coa que contaron todas as probas, así como a extraordinaria labor de organización e coordinación que leva a cabo a Federación Galega de Atletismo para posibilitar que no circuíto poidan participar o máximo número de concellos e de deportistas de todas as idades.

Entre os atletas proclamáronse vencedores na categoría absoluta Ariadna Modia Caridad (Atletismo Riazor Coruña) e Esteban Díaz Pérez (Club Atletismo Narón).

Foron premiados tamén outro medio centenar de atletas que obtiveron as mellores puntuacións nas diferentes categorías, desde benxamíns ata veteranos.

No pódium por equipos, o Club Atletismo SAR proclamouse vencedor na categoría absoluta masculina e segundo na feminina e a SD Compostela Atletismo vencedor na categoría absoluta feminina e segundo na categoría absoluta masculina. O terceiro posto en absoluto feminino foi para a Asociación Deportivo Olimpia e na categoría masculina para o Club Noitebra.

En canto ás categorías de menores, os galardóns para os equipos femininos foron para o Club SD Compostela Atletismo, Atletismo Tambre e Atletismo Noia, mentres que os equipos masculinos gañadores foron SD Compostela Atletismo, Atletismo Tambre y Club Triatlon Compostela.

CATEGORIA ABSOLUTA FEMININA
1.- Adriana Modia Caridad (Club Atletismo Riazor Coruña)
2.- Silvia Sánchez Bascoy
3.- Elvira Tresguerras González (Club Atletismo Sar )

CATEGORIA ABSOLUTA MASCULINA
1.- Esteban Díaz Pérez (Club Atletismo Narón)
2.- Jaci Augusto Mello Birkhan (Club Atletismo Boimorto)
3.- Adrián Garabato Lagares (Club Atletismo Santiago)

CLUBS ABSOLUTO FEMININO
1.- SD Compostela Atletismo 3.453,0 puntos
2.- Club Atletismo SAR 2.693,5 puntos
3.- Asociación Deportiva OLIMPIA 1.650 puntos

CLUBS ABSOLUTO MASCULINO
1.- Club Atletismo SAR 5.641,5 puntos
2.- SD Compostela Atletismo 4.011,0 puntos
3.- Noitebra 2.908,5 puntos

CLUBS MENORES FEMENINO
1.- SD Compostela Atletismo 3.182,5 puntos
2.- Atletismo Tambre 2.246,5 puntos
3.- Atletismo Noia 2.138,5 puntos

CLUBS MENORES MASCULINO
1.- SD Compostela Atletismo 3.419,5 puntos
2.- Atletismo Tambre 3.161,5 puntos
3.- Club Triatlon Compostela 2.724,0 puntos

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X