Estás en:Emprego
Notas para unha edición coruñesa

Irmás Cartoné (2014- actualidade)

Cada semana destacamos unha das obras da mostra bibliográfica "Notas para unha edición coruñesa: arredor de 180 anos de edición na provincia". Unha selección de obras de editoras da provincia publicadas dende o ano da fundación da biblioteca ata a actualidade.

Irmás Cartoné (2014- actualidade)

Irmás Cartoné é unha editorial adicada á tradución de clásicos universais ao galego. Publicacións coidadas e ilustradas que rescatan textos probablemente menos coñecidos por todos e todas nós.

Este proxecto editorial independente nace en Santiago de Compostela no ano 2014 e recentemente ven de recibir o Premio Follas Novas 2025 á mellor tradución pola obra Os Caravanistas de Elizabeth Von Arnim, toda unha xoia da autora británica.

Pasar de Nella Larsen é un bo exemplo da labor desta editora que traballa con autorías menos coñecidas, moitas delas mulleres, que quedaron ao marxe dos grandes clásicos na historia da literatura. Unha obra que nos achega a visión dunha muller negra na sociedade americana dos anos 20.

Hoxe en día este texto de Nella Larsen non ten tradución ao castelán, algo que conseguen as editoras que traballan directamente cos textos orixinais. Unha marabilla de título do que podemos gozar na nosa lingua.

Recomendamos a entrevista que, dende Praza.gal, se lles fai aos seus responsables, Carlos Valdés e Celia Recarey:

https://praza.gal/cultura/irmas-cartone-unha-decada-traendo-historias-ao-galego-para-que-resoen-entre-diferentes-xeracions

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X