Estás en:Emprego

A Deputación presenta en Matosinhos o evento Out of The Blue, onde participará o vindeiro mes de setembro

O vicepresidente, Xosé Regueira, estivo na cidade portuguesa presentando este evento gastronómico que terá lugar do 12 ao 14 de setembro

A Deputación participará da man de produtores locais e chefs da provincia e, ademais, renovarase o manifesto de colaboración entre a entidade provincial e a Cámara de Matosinhos

A cita presentouse esta fin de semana, nun acto no que, ademais do vicepresidente, participaron a alcaldesa e concelleira de Matosinhos, e unha representante de Turismo de Portugal, e que precedeu a unha cea a catro mans do cociñeiro local Rui Paula e o compostelán Iago Pazos

A Deputación presenta en Matosinhos o evento Out of The Blue, onde participará o vindeiro mes de setembro

A área de turismo da Deputación da Coruña viaxou esta fin de semana ao municipio portugués de Matosinhos, onde se presentou a segunda edición do evento gastronómico 'Out of the Blue' que, baixo o lema 'A resposta está nos océanos' acolle diferentes actividades para poñer en valor a gastronomía e a sustentabilidade dos océanos do 12 ao 14 de setembro. A entidade provincial volve participar na cita, onde tamén se renovará o manifesto de colaboración coa Cámara de Matosinhos.

O vicepresidente, Xosé Regueira, participou na presentación oficial, xunto a unha representante de Turismo de Portugal, Lidia Monteiro; a alcaldesa de Matosinhos, Luísa Salgueiro e a concelleira de turismo, Marta Pontes. Tralo acto de presentación, autoridades, representantes do sector da restauración e público en xeral, desfrutaron dunha cea a catro mans no dous estrelas Michelín Casa de Chá da Boa Nova, elaborada polo seu chef, Rui Paula, e o convidado, o compostelán Iago Pazos (Abastos 2.0.).

Deste xeito, a Deputación volverá viaxar a Matosihos en setembro para a celebración de Out of the Blue, xunto a produtores e produtoras locais e chefs da provincia, que amosarán o seu traballo e bo facer neste evento que acolle diferentes actividades como showcookings, presentacións ou mesas de debate en torno á sustentabilidade e ao futuro da alimentación, poñendo o foco na despensa marítima.

"Queremos celebrar esa unión do norte de Galiza e Portugal, a través da paisaxe e da gastronomía, e todo o que temos en común como unha estratexia turística que pon o foco na sustentabilidade, a posta polos pequenos produtores locais que traballan cos máximos niveis de calidade e compromiso co territorio, a posta en valor dun sector da restauración que está facendo un traballo impecable en canto a respecto medioambiental, calidade, identidade..." sinalou o vicepresidente. "E, ao mesmo tempo, reflexionaremos sobre o futuro da alimentación e do planeta, cuestións de tanta relevancia para o curto prazo".

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X