Estás en:Emprego
Para saber se se alcanzan novos graos só hai que acceder ao apartado Carrreira profesional en SUBTEL

Quen debe solicitar recoñecemento de grao na Carreira Profesional Horizontal?

Tan só as persoas que alcancen novos graos de carreira profesional antes do 31 de decembro deberán realizar a solicitude para o seu recoñecemento

Quen debe solicitar recoñecemento de grao na Carreira Profesional Horizontal?

Xa pasou máis dun ano dende que UGT e CCOO conseguiron un gran logro sindical que supuxo o máis importante recoñecemento ao desenvolvemento laboral do persoal da Deputación da Coruña.

O BOP publica o anuncio de convocatoria para o recoñecemento de graos de Carreira Profesional Horizontal de cara ao ano 2026, tal e como mandaba o regulamento de Carreira Profesional Horizontal impulsado por CCOO e UGT que foi aprobado na Mesa Xeral de Negociación celebrada o 25 de xuño de 2024 e contou co voto favorable de CCOO, CIG e UGT e o voto en contra de CSIF. (https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2025/10/09/2025_0000006494.pdf)

Tan só as persoas que alcancen novos graos de carreira profesional antes do 31 de decembro deberán realizar a solicitude para o seu recoñecemento, dende o día 10 de outubro e co prazo dun mes. O resto do persoal non ten que facer absolutamente nada.

Para saber se se alcanzan novos graos só hai que acceder ao apartado Carrreira profesional en SUBTEL. Apartado que permaneceu inactivo está mañá xa que os servizos informáticos estaban actualizando os datos do persoal. Por este motivo, para non xerarvos dúbidas preferimos esperar a facer esta comunicación ata que puidemos comprobar que os datos xa están accesibles na plataforma SUBTEL.

En todo caso, se alguén ten dúbidas ou os datos que manexa non coinciden cos que aparecen na plataforma SUBTEL que non dubide en poñerse en contacto con nós, que como xa fixemos en anteriores ocasións faremos o asesoramento e acompañamento que precise.

Visítanos en   Chámanos ao 981 415 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X