Atención temperá - Data límite 7/11/2025
Convocatoria:
Servizos no marco da Rede galega de atención temperá nos anos 2024 a 2026.
Novos proxectos destinados ao financiamento de unidades de atención temperá promovidos por entidades locais ou agrupacións destas, que non foron subvencionados ao amparo das convocatorias precedentes.
Entidades beneficiarias:
Entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia ou agrupacións delas.
Gastos subvencionables:
Novos proxectos destinados a financiar a implantación de novas unidades de atención temperá no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia (Programa II) durante o período 2025 e 2026.
Contía da subvención:
• Xestión individual cunha poboación de ata 40.000 habitantes: ata 12.100,00 € de importe máximo por mes subvencionable
• Xestión compartida cunha poboación de ata 40.000 habitantes: ata 15.287,00 € de importe máximo por mes subvencionable
• Xestión individual ou compartida cunha poboación de máis de 40.000 habitantes: ata 18.344,40 € de importe máximo por mes subvencionable
Prazos:
• Prazo de presentación de solicitudes: 07/10/2025 – 07/11/2025
• Inicio do período de gastos subvencionables: 01/10/2025 –31/10/2026
Documentación e bases:
Bases reguladoras
BDNS
Sede electrónica procedemento
Contacto:
Consellería de Política Social e Igualdade
Servizo de Programas para a Discapacidade
Teléfono: 981544640
Correo-e: programas.discapacidade@xunta.gal
Máis información:
OFICINA NEXT
Teléfonos: 881 045 900 / 617 675 400
Correo-e: nextdeputacion@dacoruna.gal
