Estás en:Emprego

A Deputación organiza as xornadas sobre edición e desenvolvemento de Banda Deseñada “Alén do Castelao”

A área de Cultura conmemora os vinte anos do Premio Castelao apostando pola formación para a profesionalización das persoas creadoras

A asociación Autoban coordina as xornadas que se celebrarán o 5 e 6 de novembro na Biblioteca Provincial da Coruña

A inscrición é de balde e o prazo xa está aberto a través da web www.autoban.gal

A Deputación organiza as xornadas sobre edición e desenvolvemento de Banda Deseñada “Alén do Castelao”

Alén do Castelao son unhas xornadas sobre edición e desenvolvemento de proxectos de Banda Deseñada cun enfoque didáctico e buscando afondar na profesionalización do sector. Unha nova actividade promovida pola área de Cultura da Deputación da Coruña para conmemorar os vinte anos do Premio Castelao, un certame de referencia en Galicia e no Estado.

As xornadas, coordinadas pola asociación Autobán, celebraranse o 5 e 6 de novembro na Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña e ofrecerán clases maxistrais e faladoiros nos que intervirán persoas cun amplo percorrido no mundo da Banda Deseñada, aportando información e experiencias subliñables e contestando dúbidas e cuestións do público asistente.

Anabel Colazo, Cristian F. Caruncho, Uxía Larrosa, Paula Mayor, Estudio Gráfico Los Meros, Xulia Pisón e Bernal Prieto son as persoas participantes que falarán dos aspectos técnicos básicos para a elaboración dunha BD ou sobre como organizar un proxecto dende a súa concepción á súa publicación

A inscrición é de balde e as prazas limitadas a 25 persoas. O prazo para inscribirse xa está aberto na páxina web www.autoban.gal.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X