Estás en:Emprego
Fondo Europeo Agrario de Desarrollo Rural (FEADER)

Enerxía fotovoltaica residencial - Data límite: 01/12/2025

Enerxía fotovoltaica residencial - Data límite: 01/12/2025

Convocatoria:

Subvencións para proxectos de enerxía fotovoltaica no sector residencial, en ámbitos non urbanos.

Persoas beneficiarias:
Persoas físicas e as sociedades patrimoniais, titulares de calquera dereito sobre un inmoble de carácter residencial ou as comunidades e mancomunidades de veciñas/os. As actuacións deberán ser realizadas no ámbito rural de Galicia.

Gastos subvencionables:
Os paneis solares fotovoltaicos.
O acondicionamento da enerxía eléctrica (investidores, convertedores, reguladores, cadros eléctricos, elementos de interconexión, proteccións, cableado, equipos de medidas etc.), monitorización (sensores, adquisición de datos, comunicación remota etc.) e sistemas de acumulación con baterías de litio.
O resto de accesorios da instalación para o correcto funcionamento do sistema.
O custo da montaxe e o conexionado e a dirección de obra.

Contía da subvención:
Total orzamento: 2.000.000 €
A intensidade da axuda será do 50% do investimento elixible da instalación.
• Axuda máxima por vivenda de 4.000 euros. No caso de que o proxecto solicitado inclúa baterías de potencia igual ou superior a 4 kWh, incrementarase en 2.000 euros.
• A contía máxima por proxecto multivivenda será de 25.000 euros.

Prazos e presentación:

• Prazo de presentación: 15/10/2025 - 01/12/2025
• Non serán subvencionables os proxectos iniciados antes da data de presentación da solicitude.

Documentación e bases:
Bases reguladoras
BDNS
Sede electrónica procedemento

Contacto:
Instituto Enerxético de Galicia (INEGA)
Teléfono: 981 541 500
Correo-e: inega.info@xunta.gal

MÁIS CONVOCATORIAS

Máis información:
OFICINA NEXT
Teléfonos: 881 045 900 / 617 675 400
Correo-e: nextdeputacion@dacoruna.gal

Visítanos en   Chámanos ao 981 415 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X