Estás en:Emprego

Natividade González destaca na presentación de ‘Castelao Integral’ o legado creativo e político do rianxeiro, “un referente imprescindíbel”

A edición, apoiada pola Deputación da Coruña, conmemora o 75.° aniversario do pasamento de Castelao
Reúne catro obras ao redor do intelectual rianxeiro, unha delas premiada

Natividade González destaca na presentación de ‘Castelao Integral’ o legado creativo e político do rianxeiro, “un referente imprescindíbel”

A deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González, participou hoxe en Santiago de Compostela na presentación da obra 'Castelao Integral', unha edición especial publicada por Demo Editorial co apoio da institución provincial. O acto tivo lugar esta tarde na libraría Komic e contou tamén coa presenza de Manuel Cráneo, coordinador editorial, e mais os autores, Iván Suárez e Inacio Vilariño.


'Castelao Integral' é un volume conmemorativo polo 75.º aniversario do pasamento de Castelao, unha coidada edición en tapa dura limitada a cincocentos exemplares. Inclúe os títulos 'Titoán' —gañador, en 2011, do VII Premio Castelao de Banda Deseñada—, 'Máis alá!', 'O pobre tolo' e 'Atila'.


Natividade González cualificou a Castelao como "un artista, un político e un referente imprescindíbel da cultura e da memoria colectiva do país". Sinalou que a obra presentada é "froito do talento" de Inacio Vilariño e Iván Suárez e dun "traballo editorial primoroso" de Demo Editorial, e subliñou que a Deputación da Coruña quixo colaborar activamente para facer posíbel unha edición "pensada para estar á altura" do legado do rianxeiro.


A deputada explicou que o volume rende unha homenaxe necesaria e recupera catro títulos ao redor do universo creativo do autor, "que volven así ao alcance do público para garantir a súa permanencia e transmitir xeración tras xeración o seu pensamento e a súa forza expresiva".
A presentación serviu para achegar ao ás persoas interesadas esta edición especial en tapa dura, limitada a cincocentos exemplares, concibida como un volume conmemorativo que salienta a vixencia e a relevancia da obra de Castelao.

Visítanos en   Chámanos ao 981 415 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X