Proxectos innovadores de enerxías renovables e almacenamento, e implantación de sistemas térmicos renovables – Data límite: 19/02/2026
Convocatoria:
Segunda Convocatoria do Programa de Incentivos de proxectos innovadores de enerxías renovables e almacenamento, así como de sistemas térmicos Renovables (ENERXÍAS RENOVABLES INNOVADORAS) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola UE – Next Generation EU.
Obxectivos:
Concesión das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, correspondentes ao programa de incentivos de proxectos innovadores de investimento en instalacións de produción de enerxía eléctrica que utilicen tecnoloxía fotovoltaica e eólica, así como o almacenamento asociado a estes proxectos e implantación de bombas de calor renovable.
Entidades beneficiarias:
- Persoas xurídicas, públicas ou privadas, legal e validamente constituídas.
- Agrupacións das anteriores.
- As comunidades de persoas propietarias.
Gastos subvencionables:
Os gastos subvencionables deberán estar directamente relacionados coa actividade e ser indispensables para a adecuada preparación ou execución dos proxectos.
- Programa de incentivos 1: Proxectos innovadores de instalacións agrivoltaicas con almacenamento.
Subprograma 1.1: Agrivoltaica intercalada co cultivo.
Subprograma 1.2: Agrivoltaica con estrutura sobre o cultivo 2 m ≤ h ≤ 4 m.
Subprograma 1.3: Agrivoltaica con estrutura sobre o cultivo h > 4 m. - Programa de incentivos 2: Proxectos innovadores de instalacións fotovoltaicas flotantes en espazos artificiais con almacenamento.
- Programa de incentivos 3: Proxectos innovadores de integración de renovables con almacenamento en infraestruturas.
- Programa de incentivos 4: Proxectos innovadores de autoconsumo colectivo con almacenamento, con participación de consumidores vulnerables.
- Programa de incentivos 5: Proxectos innovadores de instalacións de bombas de calor renovables.
Contía da subvención:
- Programa de incentivos 1: Módulo de xeración máximo entre 600-1.300€/kWp.
- Programa de incentivos 2: Módulo de xeración máximo entre 700-1.100€/kWp.
- Programa de incentivos 3: Módulo de xeración máximo entre 400-5.000€/kWp.
- Programa de incentivos 4: Módulo de xeración máximo entre 400-4.500€/kWp.
- Programa de incentivos 5: Módulo de xeración máximo entre 750-1.500€/kWp.
Prazos:
Prazo de presentación da solicitude: 14/01/2026 ás 12:00h ata 19/02/2026 ás 12:00h.
Documentación e Bases:
Bases reguladoras
BDNS
Sede electrónica
Contacto:
Servicio de Información a la Ciudadanía en Eficiencia Energética y Energías Renovables (SICER).
E-mail: ciudadano@idae.es
Tlf: 913 146 673
MÁIS CONVOCATORIAS
Máis información:
OFICINA NEXT
Teléfonos: 881 045 900 / 617 675 400
Correo-e: nextdeputacion@dacoruna.gal
