Axudas a entidades locais para incrementar a ecoeficiencia na xestión dos residuos de competencia municipal - DATA LÍMITE: 06/03/2026
Convocatoria:
Concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións dirixidas a incrementar a ecoeficiencia na xestión dos residuos de competencia municipal.
Obxectivos:
Financiamento de proxectos orientados a ampliar o grao de implantación territorial e a calidade da recollida separada da fracción de biorresiduos; proxectos que incentiven a recollida separada de residuos téxtiles; proxectos destinados á mellora da rede de puntos limpos de Galicia; e proxectos de dixitalización que permitan o establecemento de taxas de residuos diferenciadas.
Entidades beneficiarias:
Entidades locais municipais, supramunicipais e agrupacións de entidades locais de Galicia, de conformidade coas competencias que lle correspondan en materia de xestión de residuos.
Gastos subvencionables:
As actuacións subvencionables enmárcanse dentro das seguintes liñas:
Liña 1: Ampliar recollida separada de biorresiduos para compostaxe/dixestión anaerobia.
Liña 2: Vehículos específicos para recollida separada de biorresiduos.
Liña 3: Compostaxe doméstica/comunitaria in situ de biorresiduos.
Liña 4: Recollida separada de residuos téxtiles para reutilización/reciclado.
Liña 5: Melloras puntos limpos fixos (recollida/clasificación/trazabilidade residuos especiais).
Liña 6: Equipamentos puntos limpos móbiles (recollida/trazabilidade residuos especiais).
Liña 7: Dixitalización para taxas diferenciadas e pago por xeración.
Contía da subvención:
Liña 1: máx. Subvención 30.000€. Solicitudes presentadas conxuntamente por máis dunha entidade local: 5.000€ máis por cada entidade participante, máx. 45.000€.
Liña 2: máx. subvención 120.000€. Solicitudes presentadas conxuntamente por máis dunha entidade local: 10.000€ máis por cada entidade participante, máx. 150.000€.
Liña 3: máx. Subvención 20.000€. Solicitudes presentadas conxuntamente por máis dunha entidade local: 2.000€ máis por cada entidade participante, máx. 26.000€.
Liña 4: máx. subvención 8.000 €. Solicitudes presentadas conxuntamente por máis dunha entidade local: 1.000 € máis por cada entidade participante, máx. 10.000 €.
Liña 5: máx. subvención 80.000€. Solicitudes presentadas conxuntamente por máis dunha entidade local: 10.000€ máis por cada entidade participante,máx. 110.000€.
Liña 6: máx. subvención 15.000€. Solicitudes presentadas conxuntamente por máis dunha entidade local: 2.000€ máis por cada entidade participante, máx. 21 .000€.
Liña 7: máx. subvención 15.000€. Solicitudes presentadas conxuntamente por máis dunha entidade local: 1.000€ máis por cada entidade participante, máx. 18.000€.
A intensidade de axuda é do 60% do gasto elixible, co resto financiado pola entidade local dentro dos límites máximos anteriores.
Prazos:
Prazo de presentación de solicitudes: 07/02/2026 - 06/03/2026
Documentación e bases:
Bases reguladoras
BDNS
Sede electrónica
Contacto:
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Santiago de Compostela
Teléfono: 981 957 510
Máis información:
OFICINA NEXT
Teléfonos: 881 045 900 / 617 675 400
Correo-e: nextdeputacion@dacoruna.gal
