Estás en:Emprego

A Deputación concede preto de 400 000 euros en subvencións para persoal en museos

Ata 20 concellos da provincia recibirán axudas para garantir a atención técnica dos espazos museísticos durante o 2026

A Deputación concede preto de 400 000 euros en subvencións para persoal en museos

Centro de Interpretación da Revolución Irmandiña. Foto: Concello de Moeche

A Deputación da Coruña acaba de aprobar provisionalmente a concesión de subvencións do programa FO216, dirixido a concellos e entidades locais para financiar os gastos de persoal técnico encargado da atención de museos e centros museísticos ao longo de 2026. Un total de 20 concellos resultan beneficiarios destas axudas, que suman 399.088 euros e teñen como finalidade reforzar a atención ao público, a dinamización cultural e a correcta xestión dos equipamentos museísticos municipais.

Os concellos beneficiados son A Laracha, A Pobra do Caramiñal, Betanzos, Boiro, Camariñas, Carballo, Carnota, Cerceda, Laxe, Lousame, Moeche, Muros, Oleiros, Outes, Ponteceso, Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Valdoviño, Vimianzo. Poderán destinar este apoio ao mantemento e contratación de persoal técnico para os seus centros museísticos, museos locais, centros de interpretación ou ecomuseos.

Con estas axudas, a Deputación da Coruña continúa a súa aposta por consolidar e promover a oferta cultural da provincia, apoiando directamente os gobernos locais na xestión dos recursos humanos necesarios para a atención dos seus espazos museísticos ao servizo da cidadanía e da dinamización cultural.

Para consultar a listaxe completa de concellos beneficiados e os importes asignados a cada un, pódese consultar a resolución íntegra no Boletín Oficial da Provincia.

Visítanos en   Chámanos ao 981 415 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X