Estás en:Emprego
Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural - FEADER

Actuacións en camiños rurais - DATA LÍMITE: 05/03/2026

Actuacións en camiños rurais - DATA LÍMITE: 05/03/2026

Convocatoria:
Axudas para actuacións en camiños rurais no período 2026-2027, en réxime de concorrencia non competitiva.

Obxectivos:
Financiar obras de ampliación e mellora de camiños rurais municipais no período 2026‑2027, que formen parte da rede viaria de acceso a unha ou varias entidades de poboación.
Mellorar accesibilidade, mobilidade, seguridade viaria e cohesión rural, favorecendo a competitividade agraria e forestal e loitando contra o despoboamento.

Entidades beneficiarias:
Todos os concellos de Galicia que:
• Teñan remitidas ao Consello de Contas as contas do último exercicio orzamentario antes do remate do prazo de solicitude.
• Estean ao día nas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e non teñan débedas coa Administración pública de Galicia.
• Non estean incursos nas prohibicións do artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia.

Gastos subvencionables:
Actuacións subvencionables (tipo de obras):
Actuacións subvencionables (tipo de obras):
• Ampliación: que supoñan un incremento da largura para mellorar a seguridade viaria, permitan o cruzamento de vehículos ou alargamentos en curvas, zonas de baixa visibilidade. Tamén poderán incluír aumento de lonxitude se rematan nunha estrada ou noutro camiño.
• Mellora: reforzo do firme con novas capas adaptadas ao tráfico, mellora de drenaxe, reforzo de noiros (muros, contención), seguridade viaria, integración ambiental e mellora da sinalización.
Gastos elixibles:
• Obra civil vinculada á execución dos proxectos de camiños.
• Servizo de control de calidade das obras.
Cada concello poderá presentar ata un máximo de dous proxectos.

Contía da subvención:
Intensidade da axuda: 100% dos gastos subvencionables.
Importe máximo por concello: determinado no Anexo I mediante fórmula socioeconómica (asignación fixa + por habitante + por entidade de poboación, corrixida por superficie, agrariedade, despoboamento e zona de montaña).

Prazos:
Prazo de presentación de solicitudes: 06/02/2026 - 05/03/2026 

Documentación e bases:
Bases reguladoras
BDNS
Sede electrónica

Contacto:
Consellería do Medio Rural
Subdirección Xeral de Infraestruturas Agrarias
Santiago de Compostela
Teléfono: 981 154 4764
Email: subdireccion-infraestruturas.mr@xunta.gal

MÁIS CONVOCATORIAS

Máis información:
OFICINA NEXT
Teléfonos: 881 045 900 / 617 675 400
Correo-e: nextdeputacion@dacoruna.gal

Visítanos en   Chámanos ao 981 415 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X