A Deputación financia con 900.000 euros os servizos de limpeza de praias en 41 concellos coruñeses
Todos os concellos costeiros da provincia recibirán axudas para financiar a contratación de brigadas durante os meses de verán
Xunto co programa de contratación de socorristas, supón a creación de arredor de 300 empregos durante a tempada estival
A Deputación da Coruña vén de publicar no Boletín Oficial da Provincia a concesión provisional do programa de limpeza de praias 2026, a través do cal financia con 900.000 euros este servizo en 41 concellos costeiros da provincia.
A finalidade do programa é apoiar aos concellos coruñeses no sostemento dos gastos derivados da contratación do persoal das brigadas de limpeza dos areais durante os meses de verán, así como da adquisición do material necesario para o desenvolvemento dos traballos, como vestiario, maquinaria lixeira ou combustible.
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, destacou a importancia dun programa que "contribúe a que as praias da provincia da Coruña estean en condicións óptimas durante a tempada turística, ao tempo que apoia economicamente aos concellos e impulsa a creación de emprego local".
Formoso subliñou tamén que "falamos dun investimento directo que reforza a calidade ambiental dos nosos areais e que, sumado ao programa de socorrismo, permite a contratación cada verán de arredor de 300 persoas nos concellos costeiros".
As subvencións concedidas permiten financiar brigadas cunha duración máxima de ata tres meses, dentro do período comprendido entre o 1 de abril e o 31 de outubro de 2026. As contías das axudas oscilan entre algo máis de 6.700 euros e preto de 31.000 euros, en función de criterios obxectivos.
Para a baremación das solicitudes, a Deputación aplica criterios como a superficie total das praias existentes en cada termo municipal, segundo os datos do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e a poboación oficial de cada concello, de acordo cos datos do Instituto Nacional de Estatística (INE).
Solicitudes concedidas provisionalmente
Programa de limpeza de praias 2026
Concello
Importe subvención
Concello da Coruña
24.767,25 €
Concello da Laracha
23.528,89 €
Concello da Pobra do Caramiñal
23.219,30 €
Concello de Ares
19.813,80 €
Concello de Arteixo
24.767,25 €
Concello de Bergondo
23.219,30 €
Concello de Boiro
25.386,43 €
Concello de Cabana de Bergantiños
13.674,31 €
Concello de Cabanas
22.909,71 €
Concello de Camariñas
26.315,20 €
Concello de Carballo
30.959,06 €
Concello de Cariño
16.925,02 €
Concello de Carnota
29.101,52 €
Concello de Cedeira
11.320,60 €
Concello de Cee
21.671,34 €
Concello de Corcubión
6.768,00 €
Concello de Dumbría
19.504,21 €
Concello de Fene
21.980,93 €
Concello de Ferrol
30.959,06 €
Concello de Fisterra
26.005,61 €
Concello de Laxe
25.696,02 €
Concello de Malpica de Bergantiños
11.151,58 €
Concello de Mañón
22.684,23 €
Concello de Miño
24.767,25 €
Concello de Mugardos
20.123,39 €
Concello de Muros
24.767,25 €
Concello de Muxía
19.212,18 €
Concello de Narón
21.671,34 €
Concello de Neda
6.768,00 €
Concello de Noia
19.747,62 €
Concello de Oleiros
27.863,16 €
Concello de Ortigueira
25.793,16 €
Concello de Outes
7.272,07 €
Concello de Paderne
17.956,26 €
Concello de Ponteceso
29.411,11 €
Concello de Pontedeume
20.123,39 €
Concello de Porto do Son
29.411,11 €
Concello de Rianxo
21.980,93 €
Concello de Ribeira
27.553,57 €
Concello de Sada
23.838,48 €
Concello de Valdoviño
29.411,11 €
Importe total concedido: 900.000,00 €.
