Estás en:Emprego

Na busca de trufas (fungos hipoxeos) no Pazo de Mariñán

A actividade será impartida por Julio Cabero, un dos maiores expertos a nivel mundial no coñecemento dos fungos hipoxeos.

Contará cunha parte práctica na que as persoas participantes acompañarán a Julio Cabero e os seus cans á procura de trufas e outros fungos hipoxeos polos terreos do Pazo de Mariñán.

Na busca de trufas (fungos hipoxeos) no Pazo de Mariñán

O Pazo de Mariñán posúe unha variedade de fungos excepcional. Descubre o fascinante mundo dos fungos hipoxeos nunha actividade única que combina coñecemento e experiencia práctica.

A xornada comezará cunha charla divulgativa na que aprenderás que son os fungos hipoxeos, as súas características, a súa importancia ecolóxica e curiosidades sobre especies tan singulares como as trufas. Unha oportunidade perfecta para achegarse a este apaixonante ámbito da micoloxía da man de Julio Cabero, un dos maiores expertos a nivel mundial dos fungos hipoxeos.

Tras a parte teórica, pasaremos á acción cunha saída ao campo, onde poderás ver en directo como traballan os cans adestrados na procura de fungos hipoxeos como as trufas. Acompañados por Julio Cabero, coñecerás as técnicas de busca e vivirás unha experiencia diferente, conectando coa natureza e descubrindo os segredos que se agochan baixo terra.

Unha actividade pensada tanto para persoas curiosas como para amantes da natureza, na que aprender, desfrutar e sorprenderse van da man. Non perdas a oportunidade de participar!

• LUGAR: Pazo de Mariñán (Concello de Bergondo)
• DATA E HORARIO: sábado, 9 de maio de 2026, de 10:00 a 13:00 horas.
• PRAZAS: 30
• PERSOAS DESTINATARIAS: Esta actividade é de balde e aberta a toda aquela persoa que queira asistir, adultos e crianzas acompañadas. Non poderán asistir máis de 3 persoas por grupo, agás familias con máis de dous fillos.
• DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE:
- 10:00 – 11:00 h: Charla "O Reino Fungi Hipoxeo (trufas)"
- 11:00 – 11:30 h: Pausa-café
- 11:30 – 13:00h: Ruta guiada polos terreos do Pazo con Julio Cabero e os seus cans á procura de trufas e outros fungos hipoxeos.
• PRAZO DE INSCRICIÓN: remata o 10 de abril de 2026.
• INFO: chamando a Medio Ambiente da Deputación da Coruña no 981 415 704 ou no correo electrónico medioambiente@dacoruna.gal

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

Visítanos en   Chámanos ao 981 415 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X