Estás en:Emprego
ebiblioDaCoruna

Nova política de préstamos da eBiblioDaCoruna

Temos boas novas: ampliamos os teus préstamos!

Desde a Biblioteca dixital da Deputación da Coruña, queremos que sigas a medrar e gozar da aprendizaxe, por iso actualizamos as nosas condicións para che ofrecermos máis liberdade.

Nova política de préstamos da eBiblioDaCoruna

Desde hoxe, podes gozar de ata 6 préstamos simultáneos na túa conta. Organiza as túas lecturas e contidos á túa medida:

  • Libros electrónicos: ata 3 contidos (21 días)
  • Audiolibros: ata 2 contidos (21 días)
  • Revistas: ata 2 contidos (72 horas)
  • Podcast: 1 contido (21 días)
  • Xornais: 1 contido (2 horas)
  • Recursos de aprendizaxe: 1 contido (21 días)

E lembra! Nos Cursos de autoformación e Clubs de lectura non hai límites; poderás unirte a tantos como desexes.
Accede á túa biblioteca

Lembra que tes dispoñible "eBiblio DaCoruna" para gozar de todo o contido en liña e offline, ata en 6 dispositivos á vez.

Materiais para a difusión da política de préstamos:

Visítanos en   Chámanos ao 981 415 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X