Estás en:Emprego

A Deputación da Coruña garda un minuto de silencio polas vítimas do accidente ferroviario de Urda

A Deputación da Coruña garda un minuto de silencio polas vítimas do accidente ferroviario de Urda

A Deputación da Coruña convocou hoxe un minuto de silencio en memoria das vítimas do accidente ferroviario de Urda (Toledo). No acto participaron representantes dos grupos políticos da corporación e traballadores e traballadoras da administración provincial, que se sumaron a esta mostra de cariño e solidariedade coas persoas afectadas pola traxedia.

Con este xesto, a institución provincial expresa o seu pesar polo sucedido e traslada as súas condolencias ás familias e persoas achegadas das vítimas, así como o seu apoio a todas as persoas que están a sufrir as consecuencias do accidente.

Visítanos en   Chámanos ao 981 415 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X