Estás en:Emprego
Como sempre, CCOO seguirá defendendo, nos ámbitos que corresponda, tanto os dereitos do persoal como o cumprimento do procedemento de valoración para garantir a equidade

Alegacións RPT

CCOO prosigue coa defensa do dereito do persoal á promoción vertical e da aplicación do procedemento correcto de modificación salarial a través da Valoración de Postos de Traballo. Aquí podes acceder ás alegacións rexistradas

Alegacións RPT

Como xa temos informado, CCOO foi a única central sindical que plantou cara á Corporación diante da errática modificación da Relación de Postos de Traballo (RPT) presentada pola Corporación na mesa de negociación celebrada o 23/2/2022.

CCOO prosigue coa defensa do dereito do persoal á promoción vertical e da aplicación do procedemento correcto de modificación salarial a través da Valoración de Postos de Traballo (VPT). Efectivamente, na devandita mesa de negociación fomos a única central sindical que votou en contra ao considerar que o persoal da Deputación ten máis que demostrada a súa capacidade, experiencia e coñecementos como para non ser necesario "fichar" persoal doutras administracións, como pretende facer a Corporación abrindo xefaturas, incluso de sección, a outras administracións. Por iso defendemos que as xefaturas e postos de responsabilidade na Deputación sexan ocupados por persoal da casa.

A Sección sindical de CCOO presentou alegacións á aprobación plenaria inicial da modificación da RPT do 2022. Tal e como anunciamos, rexistramos as nosas alegacións unha vez que o pleno aprobou modificar as condicións salariais de diversas prazas saltándose o procedemento establecido polo propio pleno, é dicir a VPT a través da Comisión habilitada a tal efecto, rexistramos as alegacións que podes atopar no espazo web de CCOO. En CCOO non estamos a rexeitar todas as modificacións en si, senón que consideramos que a modificación do Complemento Específico debe valorarse mediante os factores establecidos na VPT de maneira global, conxunta, sistemática e obxectiva para evitar distorsións, incoherencias ou iniquidades. Semella un fraude que a Corporación cambie unilateralmente as condicións salariais duns poucos postos de traballo saltándose a Comisión Técnica de VPT e por tanto sen unha motivación técnica que acredite o dito cambio.

Como sempre, CCOO seguirá defendendo, nos ámbitos que corresponda, tanto os dereitos do persoal como o cumprimento do procedemento de valoración para garantir a equidade. En todo caso, esperamos que a Corporación recapacite e acepte a nosa alegación para que o pleno aprobe finalmente a modificación da RPT 2022 retirando os cambios que afecten ás condicións e circunstancias dos postos xa existentes, e aquelas que se derivan das alteracións propostas no catálogo de funcións ou na matriz. Si se retirasen os ditos cambios, serían tratados posteriormente na Comisión de VPT, xunto co resto de demandas sindicais dentro dunha negociación conxunta e global.

Visítanos en   Chámanos ao 981 415 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X