Estás en:Emprego Novas

A Deputación financia con 133.000 euros a mellora do Parque da Feira de Arzúa

Asinado o convenio polo que a Deputación achegará o 80% do orzamento total do proxecto, que ascende a 167.000 euros

Acondicionarase a explanada, executando un novo pavimento de lousas de granito e creando novas zonas verdes, instalarase un sistema de rega, e colocarase o mobiliario

A Deputación financia con 133.000 euros a mellora do Parque da Feira de Arzúa

A Deputación da Coruña financiará con 133.946,94 euros o proxecto de mellora do Parque da Feira do Concello de Arzúa, situado no núcleo urbano do municipio e que presenta un elevado estado de deterioro na actualidade.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e o alcalde de Arzúa, José Luis García, asinaron hoxe o convenio polo que a administración provincial destinará 133.946,94 euros, o que supón o 80% do custo total do proxecto, que ascende a 167.433,68 euros. No acto participaron tamén a concelleira de Obras, Servizos e Turismo, Begoña Balado Conde, e o deputado de Economía e Facenda, Antonio Leira.

O obxectivo da actuación é o acondicionamento da explanada, demolendo os pavimentos pétreos existentes, levantando as escaleiras e tamén outros 62,5 metros cadrados para a colocación de 3 novas árbores autóctonas coa correspondente superficie vexetada no contacto do Campo da Feira coa rúa Fraga do Rei. Posteriormente executarase un novo pavimento formado por lousas rectangulares de granito silvestre moreno e instalarase o sistema de rega, que contará con 23 difusores emerxentes e 541 metros de tubaxe.

Previamente ao inicio dos traballos procederase á retirada dos elementos de mobiliario existentes (varandas, bancos, fonte e papeleiras) para a súa acumulación e posterior relocalización ao remate das obras. Ademais, tamén se colocarán catro bancos novos.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X