Estás en:Emprego
Notas para unha edición coruñesa

Laiovento (1990- actualidade)

Cada semana destacamos unha das obras da mostra bibliográfica "Notas para unha edición coruñesa: arredor de 180 anos de edición na provincia". Unha selección de obras de editoras da provincia publicadas dende o ano da fundación da biblioteca ata a actualidade.

Laiovento (1990- actualidade)

Laiovento nace no ano 1990 na cidade de Santiago coa idea de ser un espazo de liberdade no sector editorial galego e cun especial interese en publicar ensaio de calidade.

O escritor Francisco Pillado, un dos fundadores da editorial, foi o que escolleu o nome da editorial: este procede da peza teatral Vento nocturno de Ramón Otero Pedrayo, onde aparece O Pazo de Laiovento.

A editorial comeza en 1995 unha colección chamada Breviarios: libros en pequeno formato, amenos e divulgativos, que acercan diferentes temas de actualidade ao gran público. Semellan pequenas pílulas de actualidade que calquera pode levar no peto e ler en calquera momento e lugar.

O primeiro título desta colección é Bibliotecas para todos, de María Gutiérrez, un primeiro achegamento ao mundo das bibliotecas e ao seu funcionamento, que inclúe ademais unha pequena guía das bibliotecas de Galicia.

Unha obra case de presentación na que se lle lembra á persoa lectora que "as Bibliotecas son públicas", é dicir, son institucións de uso público, "aínda que moitas persoas descoñezan a súa dispoñibilidade".

Xusto é o obxectivo deste libro: que a xente coñeza e faga uso das Bibliotecas e así facer uso deste dereito.

Imaxe páxina web liña do tempo destacado 13.png

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X