Estás en:Emprego Liñas Liña 2 PEL Emprende

Liña 2 PEL Emprende

Fomento do emprendemento e apoio á creación de empresas 

Finalidade: dinamizar a actividade empresarial e fortalecer o tecido produtivo a nivel local, apoiando a xóvenes emprendedores na posta en marcha da súa idea de negocio a través de incentivos á inversión en bens inventariables necesarios para a realización da actividade da empresa. Deste xeito, contribuir á posta en marcha de empresas socialmente responsables que convertan á provincia nun territorio máis sostible ecompetitivo que base o seu crecemento na innovación empresarial.

_______________________________________________________________________________________________________________________

2.1. Axudas á consolidación e ao fortalecemento do tecido empresarial a través do apoio ao investimento en bens inventariables (PEL-EMPRENDE INVESTIMENTO)

Esta liña de axudas ten por obxecto contribuir á consolidación do tecido empresarial nos concellos da provincia da Coruña a través do apoio ao investimento en bens inventariables de pequenas, medianas empresas e microempresas. Se subvencionan aqueles investimentos que resultan necesarios para o desenvolvemento da actividade: Aplicacións informáticas, maquinaria, mobiliario e equipos para procesos de información.

A liña PEL Emprende Investimento leva repartidos 22.674.794,72 € en axudas ao investimento dende o ano 2017.


No último ano, 2024, destináronse 3.942.070,69 € para tal fin, axudando a 427 persoas emprendedoras a investir no seu negocio.

_______________________________________________________________________________________________________________________

2.2. Axudas para a promoción dos viveiros de empresa e espacios de traballo (coworking) que dinamicen a actividade empresarial e fortalezan o tecido productivo a nivel local: REDE PROVINCIAL DE ESPAZOS DE TRABALLO COLABORATIVO

Convenios de colaboroación para a creación, dinamización e promoción de espazos de traballo (viveiros de empresas, centros de negocios e coworking). A súa finalidade é axudar aos concellos a dispoñer de instalacións para a creación de espazos de traballo ou apoiar os que xa estén en funcionamento contribuíndo á súa dinamización.

_______________________________________________________________________________________________________________________

2.3. Proxecto piloto de creación dun espazo de traballo colaborativo (coworking) xestionado pola Deputación en colaboración cun concello da provincia: Coworking do Pazo de Arenaza en Oleiros 

Instrucións de acceso ao coworking do Pazo de Arenaza

_______________________________________________________________________________________________________________________

2.4. Premio Provincial á Mellor Iniciativa Empresarial (PEL-EPR PREMIO)

A súa finalidade consiste en premiar as iniciativas e o traballo realizado polas empresas, asociacións empresariais e concellos, fomentando o seu papel fundamental como xeradores de riqueza e de emprego na provincia.

______________________________________________________________________________________________________________________

2.5. Apoio aos concellos para a prestación de servizos de asesoramento a emprendedores e orientación laboral.

A Rede Provincial de Coworking establece mecanismos de coordinación e colaboración na prestación de servizos a empresas e persoas emprendedoras entre os distintos espazos que a conforman.

_______________________________________________________________________________________________________________________

2.6. Axudas á consolidación e ao fortalecemento do tecido empresarial da provincia a través do apoio á realización de actividades e/ou actuacións (PEL-EMPRENDE ACTIVIDADES)

A finalidade destas axudas é contribuir á consolidación do tecido empresarialnos concellos da provincia a través do apoio para a realización de actividades e/ou actuacións no desenvolvemento da iniciativa empresarial de pequenas, medianas empresas e microempresas. Se subvencionan actuacións de consultoría, titorización/mentorización e formación relacionadas coa implantación de medidas de responsabilidade social empresarial, marketing, comunicación e expansión de mercados.

________________________________________________________________________________________________________________________

2.7. Axudas para sufragrar as cotas da Seguridade Social a autónomos/as (PEL-AUTÓNOM@S)

A finalidade destas axudas é o fomento do emprendemento e o traballo por conta propia nos municipios da provincia da Coruña poñendo en marcha mecanismos necesarios para a supervivencia e fortalecemento do tecido empresarial autónomo ante a nova realidade económica xurdida pola COVID-19.

A liña PEL-Autónom@s repartiu 7.045.507,06 € en só tres anos, dende a súa creación no ano 2021.

No ano 2024 destinou 2.343.268,80 € para axudar a 1.016 autónomos/as da provincia.

_____________________________________________________________________________________________________________________

2.8. Programa específico de apoio á hostalería e axencias de viaxe (PEL-Reactiva II)

 Logo_DepPEL_Azul.png ministerio.gif   logo-ue-fondo-social.png

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X